DECEMBRO 2012: Os meus dous autorretratos, o artístico e o literario
Todos os venres e sábados teño
partido de fútbol e os venres entreno .
Os domingos estudo e se me sobra
algo de tempo, xogo un pouco a Wii. No meu tempo libre, no que teño, vou ao parque.
Gústame falar catalán porque o meu equipo favorito é o
Fútbol Club Barcelona, que é catalán, e tamén falo galego porque son coruñés.
Chámome Andrés. Son de estatura
media. Os meus ollos son marróns, un pouco
rasgados e grandes e o pelo tamén, pero máis escuro. Teño as orellas
medianas e cunha forma
redondeada. Os meus pais din que teño moita forza. E peso uns vinte e oito quilos.
Son moi alegre porque a maioría do
tempo estou contento. Ás veces enfádome porque se me vai o xenio pero intento
controlalo. Teño moitos amigos! Pórtome ben con eles, pero unha vez me enfadeiporque en educación física vía que nas carreiras non se esforzaban.
Gústame facer deporte: baloncesto,
rugbi, ximnasia deportiva, balonmán, voleipraia, tenis...
Chámome Candela e teño nove anos. Non son moi alta nin tampouco moi baixa. A miña pel é bastante clara.O meu pelo é marrón moi clariño, e é un pouco ondulado.Teño ollos azuis como o ceo e bastante grandes. O meu nariz é pequeno. Os meus beizos son máis finos do que parecen. As miñas orellas son tan pequenas que case non se me ven.
Son moi
simpática e divertida. Tamén son moi traballadora, aínda que me distraio
fácilmente. Cando se me mete algo na cabeza o teño que conseguir, iso
significa que son un pouco "terca". Cústame moito facer amigas porque son un
pouco tímida, pero cando coñezo ben a unha persoa podo ser moi divertida. Teño
moitas amigas, pero ás veces me enfado con elas, e, ao día seguinte, xa somos
amigas outra vez.
Gústame moito ler. Práctico o deporte:
natación sincronizada, pero tamén me gustan o béisbol e o baloncesto. Encántame
pintar. Gústame moito xogar a case todos os xogos. A comida que máis me sabe é a lasaña e os
espaguetes. E o meu postre favorito, o tiramisú!
Gústame
bailar e ser libre; por iso mesmo vou a ballet. Sempre teño
un sorriso nos meus beizos e intento ser sociable. Cuando me
enfado son unha demiña. Os meus pais din que son un anxo
cando quero. E é verdade!
O
meu carácter é moi simpático e, ás veces, mando moito. Tamén me
enfado pero me poño contento rápido e nalgunhas ocasións tardo
moito tempo en poñerme contento.
Gústame
facer deporte e xogar cos meus amigos. Encántanme todos os deportes.
O meu deporte favorito é o fútbol. Tamén me gusta moito xogar ao
xadrez.
Chámome Fátima. Vou en cuarto de
educación primaria. Eu son morena. O pelo téñoo longo e negro. Os meus ollos
son negros; os meus beizos, grosos e finiños. Mido un metro cincuenta e dous
centímetros.
Eu son moi alegre, amable e
xenerosa. Algunhas veces son avergonzada e atrevida, caprichosa e divertida.
Adoito falar moito, xogar, correr,
escoitar música, cantar e saír coas miñas amigas.
Chámome Lucía.Teño nove anos.Son alta. Os meus ollos son marróns como as castañas. O meu nariz é bastante brando e o meu pelo é castaño e liso . As miñas orellas son pequenas pero a miña boca é
grande e cos beizos gordos.
Son moi madrugadora.
Gústame o tenis. Os sábados e
domingos vou practicar. Tamén me gustan o
baloncesto, a natación...E sobre todo me gusta ler e
debuxar. Todos os días, antes de durmir, leo máis de trinta minutos. Disfruto das excursións cos meus
pais: cando me levan á Casa dos Peixes, a dar un paseo…
A miña mellor amiga chámase Paula.
Con ela pásalo xenial!
Chámome Pablo A. Son baixo. Teño a cara redonda, os ollos marróns, o pelo marrón, o nariz puntiagudo e as orellas grandes.
Gústanme o fútbol, o tenis e o
baloncesto. Pero o que máis me gusta e o fútbol e a pintura.
Gústame
estudar, bailar, facer ximnasia rítmica. A miña cor favorita é a
lila. Sempre vou vestida de vaqueiros ou de chándal. No verán levo
vestidos ou saias.
A
miña comida preferida son os percebes. Gústame falar inglés e
catalán porque a miña avoa é de Cataluña. Eu son simpática,
agradable e lista. Se me coñeces, pasáralo pipa!
Chámome Roi. Eu son alto e
esvelto. Teño nove anos. O meu pelo é
marrón claro coma
o chocolate con
leite, e os meus ollos igual. Teño moita forza, ás veces collo á miña nai no
colo.
Os meus
amigos din que son simpático
pero cando me enfado…parece
a guerra
civil. Menos mal que case sempre
estou contento.
Gústanme: o padel, a natación,
o rugbi, o atletismo… En resumo, encántame o deporte. Pero
o que máis
me gusta é
ler e xogar
cos vídeoxogos.
As miñas comidas preferida son a
tortilla, o filete con patacas, a lasaña, o peixe, os espaguetes, o
arroz, as hamburguesas; é dicir, como
de case todo. A
miña cor favorita é
a azul celeste!
O meu nome é Sara . Os meus ollos son rasgados e de cor castaña. A miña cara é redonda; e o
meu nariz, achatado. Teño o pelo longo e
de cor marrón escura. As miñas orellas
son medianas.
O meu carácter é que son alegre,
simpática e creo que son moi lista porque saco boas notas .
Gústame: nadar, xogar ao fútbol, ao baloncesto ,
montar na bici, patinar, correr , saltar
, xogar ao "frisbi" , escalar , pasear, ler, pintar e debuxar.
Eu chámome Valeria. Son unha nena baixa. Teño os ollos marróns como o chocolate. O meu pelo é un pouco rizado e longo, tamén é marrón, pero escuro.
Son simpática, aínda que ás veces me enfado como toda a xente pero intento non enfadarme.
Chámome Álvaro e teño nove anos. Son bastante alto e delgado. Teño o pelo, loiro e escuro. Os meus ollos son pequenos e castaños; o meu nariz, un pouco achatado; os meus beizos, bastante finos, e as miñas orellas, bastante circulares.
Case sempre estou contento, pero
cando me enfado é mellor pasar de min e deixarme só.
Teño bastantes afeccións , por
exemplo, o deporte. Practico case todos: triatlón, natación, ciclismo, "running",
tenis, fútbol, baloncesto, pádel, surf, windsurf...
Eu son Antía. Son bastante alta
para a miña idade. Aínda que tamén peso moito, uns cincuenta quilos. Os meus
ollos son de cor castaña coma as follas
de outono marrón. Teño os ollos moi asimétricos: un é redondo e o outro é máis
rasgado. Tamén teño os beizos moi anchos e o meu nariz regordiño.
A min paréceme que son simpática, aínda que se me vén o xenio podo ser algo monstruosa e póñome de mal humor.
Gústame moito debuxar, xogar, ir
ás actividades, ver a tele e ler. A miña comida favorita é a "pizza". E así son eu!
Chámome Celtia
e teño nove
anos. Son bastante alta. O
meu pelo é
rubio, longo e ondulado. Os
meus ollos son
marróns como as castañas, e
os meus beizos son moi
finos. Na miña cara teño moitas pencas, está chea.
Son moi
simpática e se
tes moita confianza
sería moi graciosa.
Gústanme moito a patinaxe e o inglés e, sobre todo, a
natación sincronizada! Vou xa
na base unha. Vou
ir a campionatos.
A miña
cor favorita é
a amarela. A miña
habitación é amarela
e marrón!
O meu carácter é teimudo.
Gústame moito xogar ao fútbol, ao
tenis, ao baloncesto e ao balonmán. Pásoo fenomenal xogando a todos os xogos!
Chámome Emma e teño nove anos. Son
alta e tamén son delgada. Teño os ollos marróns. O meu nariz é grande. Os
beizos téñoos gordos. A cara téñoa
un pouco ovalada. O meu pelo é loiro e nin moi longo nin moi
curto.
Eu son moi faladora, tamén son inqueda. Sempre estou
contenta con todo o mundo. Fago
rir a Candela e mais a Pilar, as miñas dúas
compañeiras de mesa (os demais
son nenos).
Gústanme moito: a natación
sincronizada, o fútbol, o baloncesto, o tenis…Tamén me gusta pintar,
colorear…, e todo o relacionado coa plástica. A miña media laranxa é a miña curmá. Encántame estar con ela!
Son Juan
e bastante alto, e non estou gordo. Os meus ollos son normalmente marróns menos no verán que os teño verdes; o
nariz, achatado, e a pel, bastante morena.
Gústame moito facer
deporte; sobre todo, baloncesto, fútbol e tenis. Tamén me gusta moito ler, o que
máis me gusta ler é a Gerónimo Stilton.
Leo todos os días media hora antes de durmir.
Na miña familia
somos catro: o meu pai, a miña nai, miña irmá e eu. Teño unha casa bastante grande e moitas veces ao ano veñen
invitados: os meus curmáns e os meus amigos. Con eles o pasas fenomenal!
Chámome Miguel. Teño nove anos.
Son un neno de estatura media e de pel
escura. A miña cara é redonda. Os meus ollos son marróns como o
chocolate; a miña cara, redonda; o meu
nariz, achatado; as miñas orellas, redondeadas; os meus beizos , grosos e rosadiños.
O meu pelo é coma os meus ollos: marróns.
Son un rapaz bastante simpático
con todas as persoas. Ás veces enfádome pero intento controlarme metendo o
malhumor no peto e contando ata tres e
tranquilízome dunha vez por todas.
Gústanme a vela, o tenis, o pádel,
a natación e o ciclismo…Son moi deportista. A miña comida favorita son os
canelóns con ensalada picada e patacas fritidas de Roma (Italia).
Teño
bastantes amigos, máis de dez. Xogo moito con eles aínda que ás
veces nos enfadamos, pero poucas.
Gústame
ler e xogar á oca. De todas formas, o meu xogo preferido é o
xadrez. Os luns e os mércores, polas tardes, vou a iudo e os
sábados, pola mañá, a xadrez. En iudo aprendemos técnicas de
defensa coma “o sota gari”, e no xadrez , xogadas coma “a
defensa eslava”.
De
maior vou ser inventor para descubrir algo para poder voar. Agora
estou pensando se utilizar ventiladores, globos ou outro material que
haxa no futuro.
As
miñas amigas e os meus amigos din que son simpática e amable. Ás
veces enfádome coa miña irmá e pelexamos, pero agora parece que
empezo a controlar o meu xenio. No fondo son cariñosa, ao final das
pelexas sempre lle dou un bico e un abrazo, e ela perdóame. Na miña
casa dinme que me entra un bicho e por iso que pelexo. Outra cousa
que me din é que son unha lagartixa porque na comida e noutros
momentos non paro quieta, é dicir, que son ínqueda. Falo moito e
entón a miña nai dime, de broma, que me vai poñer un "celo" nos
beizos para que cale un momento.
O
que máis me gusta facer é practicar os deportes coma a ximnasia
rítmica ou natación. E no tempo de lecer fago distintas actividades
coma pintar, ler, xogar, bailar... A verdade, o que máis me gusta é
xogar coas miñas amigas. Pásoo xenial!
O
meu nome é Sabela.Teño nove anos e vou en cuarto de primaria. Non
son nin alta nin baixa para a miña idade. Peso aproximadamente uns
trinta e cinco quilos. O meu pelo é liso e marrón tirando a negro.
Os meus ollos son tamén marróns, pero máis ben un marrón
chocolate e tamén son bastante redondiños. Dinme que teño os
beizos pequenos, pero eu a verdade non o sei. Teño o nariz un pouco
puntiagudo. E a miña cara é en si mesma ovalada, o meu queixo tamén
é redondiño é os pómulos non se me notan moito.
Eu
son moi graciosa e divertida, ou ao menos é o que me din. Poido ser
moi boa aínda que se me enfado… Ás veces non me controlo e logo
pasa o que pasa!
O
que máis me gusta é o iudo e encántame pintar, cantar e bailar.
Na miña casa din que pinto e bailo xenial. Son unha gran pintora! E
a miña cor favorita é a violeta.
Chámome Tomás
e teño nove anos. Son alto.Teño os ollos verdes coma a herba. O meu cabelo é de cor castaña. Moita xente
di que teño un físico moi bo, e
corpulento.
A min gústame moito rir. Moita xente di que teño un humor cómico , aínda que ás veces me enfado moito . Recoñezo que non se me dá moi mal, perder.
Tamén me gusta correr, facer ciclismo, natación, fútbol, baloncesto…Pero o que máis me gusta é xogar ao pádel co
meu pai e correr co meu veciño. Tamén me gusta
moito estudar, ler e debuxar.
Encántame pasar o tempo coa miña
familia. Tamén teño afeccións de
facer crebacabezas.