Ola a tod@s: Aquí tedes os mapas prometidos para poder repasar as Comunidades Autónomas a as provincias de España. Probádeos e practicade, xa veredes qué fácil é aprendelas.
Ola a tod@s: Nos próximos días teredes as últimas probas escritas deste trimestre. As datas para realizalas son as seguintes: Matemáticas: Mércores, 9 de decembro. Unidade 4: "Múltiplos e divisores" Lingua Galega: Xoves, 10 de decembro. Unidades 3 e 4 Ciencias Naturais: Venres, 11 de decembro. Unidade 2: "Os ecosistemas" Ciencias Sociais: Luns, 14 de decembro. Unidade 2: "O clima" Preparádeos ben. Un último esforzo antes da avaliación e despois... ...a disfrutar das vacacións de Nadal!!!